Dende 30 de abril, 2024 - Ata 30 de abril, 2024
A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego organiza, en colaboración co Polo Silleda, unha xornada de networking para facilitar o encontro entre diferentes proxectos teatrais, audiovisuais e doutros eidos relacionados coa difusión cultural ou servizos complementarios
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial
Este encontro ten como obxectivos traballar o discurso de venda dos produtos/servizos de cada proxecto representado, enriquecer os proxectos con novas perspectivas e xerar posibles sinerxías.
A xornada de networking está dirixida a facilitar o encontro entre diferentes proxectos no eido da produción teatral e audiovisual ou naqueles que se atopan relacionados coa difusión cultural ou servizos complementarios.
Previamente mediante tres sesións formativas, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego xa tiña dado soporte aos grupos gañadores do programa Xuventude Crea (unha sección de teatro convocada no seo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) que se complementa con dita xornada.
O programa será o seguinte:
10:30-10:40 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.
10:40-10:50 h. Dinámica rompexeos para que as persoas participantes se coñezan.
10:50-11:30 h. Dinámica “Construindo o meu Elevator Pich”: preparación dun discurso de 2 minutos que consiga captar o interese de posibles persoas inversoras, clientes, etc.
11:30-12:30 h. Dinámica “Cueces o enriqueces”: para recoller e valorar aportacións desde perspectivas para incorporar as que melloren o proxecto das persoas participantes.
12:30-13:20 h. Despedida e peche da xornada.
A xornada terá lugar o 30 de abril, no Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda. Rúa Trasdeza nº 70, baixo, 36540 (Silleda).