Xornada de networking gamificado - Ancares 18 de xullo

Dende 18 de xullo, 2023 - Ata 18 de xullo, 2023

Xornada interna da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, na que se favorecerá a interacción entre persoas emprendedoras dos diferentes polos da provincia de Lugo

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

A Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego organiza unha sesión de networking para as persoas emprendedoras que reciben acompañamento nos polos da provincia de Lugo (Montaña Lucense, A Mariña, Lugo Sur e Lugo Comarca.

Obxectivos

Con esta actividade búscanse as seguintes metas:

  • Mostrar a Rede de polos como espazos onde o acompañamento é moi dinámico e próximo
  • Coñecer a outras persoas con mentalidade emprendedora abertas a explorar novas posibilidades
  • Mellorar as relacións profesionais entre todas as persoas participantes independentemente do seu rol
  • Motivar aos asistentes para que participen en máis iniciativas dos Polos de emprendemento

Será unha xornada de encontro na que as persoas beneficiarias poderán coñecerse, mellorar as súas relación profesionais e desenvolver habilidades interpersonais a través de diferentes metodoloxías interactivas:

  • Gamificación: xogos en grupo que permiten analizar temas importantes
  • Aprender facendo: as persoas participantes terán un papel moi activo na resolución de desafíos
  • Speed dating

 

 

Programa:

10:45h - Recepción de participantes

11:00h - Benvida e intervención do secretario xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social,  Pablo Fernández López

11:10h – Presentación da xornada

11:30h - 1ª dinámica – ROMPER O XEO E APROXIMARSE

11:45h – Pausa café

12:00h - 2ª dinámica – COÑECERSE RESOLVENDO RETOS

13:00h - 3ª dinámica – DESCUBRIR AO RESTO DE ASISTENTES

13:30h - 4ª dinámica – AXUDAR COS DESAFÍOS DO RESTO

13:50h - Conclusión - CONECTAR AS APRENDIZAXES ANTERIORES

14:00h - Aperitivo

 

Facilitador:

Dani Diéguez é facilitador, formador e mentor en Emprendemento con valores e dixitalización. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, con programa de especialización en Social Entrepreneurship polas escolas de negocio INSEAD e IES – Social Business School

 

Localización e data:

Cabañas de Ancares. Cervantes (Lugo) o martes 18 de xullo de 2023


Presencial

Voltar