Historias de emprendemento: casos de éxito en Castrelo de Miño

Dende 29 de febreiro, 2024 - Ata 29 de febreiro, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño, organiza unha xornada de emprendemento en Castrelo de Miño o vindeiro día 29 de febreiro

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño, levará a cabo unha xornada de emprendemento para visibilizar os proxectos que se están a realizar na contorna de Castrelo de Miño. Nesta xornada, baixo un formato de entrevista, as persoas emprendedoras falarán do seus proxectos, que están a lograr un alto impacto no territorio.

 

Programa:

17:30 h.   Recepción de persoas asistentes e benvida.

17:35 h.   Apertura institucional: Don Avelino Pazos, alcalde de Castrelo de Miño.

17:45 h.   Mesa Redonda: Casos de éxito empresariais.

Persoas participantes:

  • Lucas Hermida, Luxsit
  • Iago Ríos, Asesoría Xesta
  • Fátima Nieves, FNF Arquitectur

18:20 h.   Clausura: Dona Elena Rivo López, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.

18:30 h.   Viño galego.

 

A xornada terá lugar na Bodega Ramón do Casar, Prado de Miño, 85, 32430, Castrelo de Miño.

 


Presencial

Voltar