II Xornada de dinamización do ecosistema emprendedor

Dende 06 de maio, 2025 - Ata 06 de maio, 2025

Xornada de traballo cos axentes da Comarca do Carballiño co obxetivo de definir accións en prol do emprendemento e a xeración de emprego na nosa contorna.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

📅 Martes, 6 de maio | 9:30-12:30 h 

📍 Asociación Carballiño-O Ribeiro GDR-12, Centro Cívico, Rúa Leiro Pequeno, 3 – 32420 Leiro (Ourense)
 

 

Despois do éxito da primeira xornada do proxecto piloto, constituíuse un grupo de traballo estable para seguir avanzando na creación dun ecosistema emprendedor forte na comarca do Carballiño. Esta segunda xornada organizada desde o Polo de O Carballiño busca consolidar esa rede, promovendo a colaboración entre institucións, entidades e profesionais do territorio para identificar retos comúns, compartir recursos e activar proxectos conxuntos.

 

Programa:

9:30 h – Recepción de asistentes e benvida.

9:35 h – Presentación inicial a cargo do polo.
Explicación dos obxectivos e dinámica da xornada.

9:45 h – Exposición inicial: Retos e oportunidades no tecido emprendedor
Presentación dos principais retos detectados na xornada previa.
Identificación de posibles oportunidades de colaboración no territorio.

10:00 h – Obradoiro práctico: Conectando o tecido emprendedor
Dinámica participativa en grupos para propoñer solucións e identificar sinerxias na comarca.

11:00 h – Pausa para café

11:30 h – Presentación de propostas e conclusións:
Exposición dos datos recollidos tras a I xornada .
Resumo de conclusións e compromisos de acción futuros.
Peche e agradecementos

 

É tempo de activar alianzas, fortalecer vínculos e impulsar iniciativas que fagan do noso ecosistema emprendedor un motor real de cambio e desenvolvemento para a comarca.


Presencial

Voltar