Xornada de construción sostible e bioconstrución: "encontros rápidos para construír futuros sostibles"
Dende 30 de maio, 2024 - Ata 30 de maio, 2024
Esta xornada de colaboración no sector da construción sostible ofrece un espazo de encontro para empresas, organizacións e profesionais interesados en explorar vías de colaboración, innovación e futuros proxectos.
Esta xornada preséntase como un espazo de encontro deseñado para fomentar o intercambio de coñecementos, a exploración de sinerxías e a promoción da innovación en prácticas sostibles dentro da construción. Organizada desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco en colaboración con VIRATEC, esta xornada reune a empresas, organizacións e profesionais comprometidos coa construción sostible para ofrecer diversas actividades de interacción.
As persoas participantes terán a oportunidade de compartir experiencias, identificar áreas de colaboración potencial e establecer contactos estratéxicos nun ambiente informal e colaborativo. A xornada enfócase en explorar vías de colaboración e no desenvolvemento de novos proxectos que impulsen a innovación e o avance na construción sostible.