Dende 22 de marzo, 2024 - Ata 22 de marzo, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño organiza unha charla coloquio para poñer en valor a importancia da xestión financeira e o acompañamento que poden facer os Polos nesta materia
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
A xestión financeira é fundamental para crear, coidar e facer medrar novos proxectos. Se tes interese en coñecer máis sobre este tema, podes participar neste espazo de charla coloquio onde se fomentará a reflexión e o debate entre as persoas asistentes sobre as estratexias financeiras máis adecuadas para impulsar o crecemento das súas empresas, coñecendo prácticas innovadoras e efectivas.
O programa da xornada será o seguinte:
10:00-10:05 h. Recepción das persoas asistentes.
10:05-10:15 h. Benvida coa intervención da Xunta de Galicia.
10:15-10:30 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño.
10:30-11:30 h. Mesa coloquio: as empresas presentarán os seus modelos de negocio facendo fincapé na relevancia da Xestión Financeira.
Participantes:
Natalia Olagaray, de Caordic.
Ana Adan, de Anaco Rural.
11:30-12:00 h. Espazo de debate: foro aberto.
12:00-12:15 h. Exposición das conclusións.
12:15-13:00 h. Peche da xornada.
O encontro terá lugar o 22 de marzo, no Centro Cultural do Concello de O Porriño (Avenida Domingo Bueno, 9).