Xestión da tesourería e negociación bancaria

Dende 27 de febreiro, 2024 - Ata 27 de febreiro, 2024

Xornada formativa para apoiar ás persoas emprendedoras na mellora das súas habilidades de xestión.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol organiza un ciclo de xornadas formativas para apoiar ás persoas emprendedoras na mellora das súas habilidades de xestión.

Esta terceira sesión está adicada á tesourería e negociación bancaria e ten os seguintes obxectivos:

  • Coñecer como xestionar e planificar as necesidades de tesourería dunha empresa
  • Coñecer como funciona unha folla de tesourería
  • Coñecer os principais produtos bancarios
  • Aprender a negociar cos bancos

Esta é a terceira acción dun ciclo formativo que comprende:

  1. Necesidades de inversión e financiamento da empresa.
  2. Como calcular a rendibilidade da tua empresa.
  3. Xestión da tesorurería e negociación bancaria.

Lugar de celebración: Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol. Rúa Deputación 18, 1º andar - Friol.
Horario: de 9.30 a 13.30 h.


Presencial

Voltar