Xeración de contidos

Dende 12 de setembro, 2024 - Ata 12 de setembro, 2024

O programa Xerme, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Clúster do ecommerce galego, vai levar a cabo unha sesión formativa sobre xeración de contidos

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

 

Convértete nunha persoa creadora de contido! O programa Xerme, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Clúster do ecommerce galego, presenta unha formación na que aprenderás a planificar e crear contido, as principais ferramentas que podes utilizar e o tipo de contidos que podes xerar.

 

Esta sesión formativa terá lugar na sede do Polo Ferrol e está pensada para que acudan as persoas emprendedoras vinculadas co Polo.

 

O taller será impartido por Elena, @autoenfoque, unha deseñadora gráfica e divulgadora apaixonada pola comunicación feita de maneira cercana, entretida e accesible nas rede, que colaborou con marcas como Logitech, Orange, SON Estrella Galicia, Cultura Inquieta ou LABASAD.

 

Nesta actividade trataranse os seguintes aspectos:

 

  1. Introdución á planificación de contido: definir obxectivos e público obxectivo.
  2. Selección de plataformas axeitadas: como elixir as mellores redes sociais para ou teu negocio.
  3. Tipos de contido visual: fotos, vídeos, stories... adaptados a cada rede social.
  4. Principios básicos de fotografía e vídeo: composición, iluminación e encadre para produtos.
  5. Ferramentas accesibles: apps e programas básicos para crear e editar contido desde o teu móbil ademais do material necesario. 
  6. Calendario de contido: como organizar publicacións de maneira eficiente.
  7. Caso práctico de creación de guión: faremos un guión tendo en conta as claves nesta parte do proceso (ex: ganchos iniciais, trends...) e vendo referencias. 
  8. Edición básica: axuste de cor, recortes e edición rápida en diferentes apps.

 

Esta formación realizarase de 10:45 a 13:30 do xoves 12 de setembro na sede do Polo Ferrol (Lugar A Cabana, Edificio CIS, Ferrol).

 

Animámosche a reservar a túa praza!


Conectando o polo co sector...

Voltar