Dende 28 de xuño, 2024 - Ata 28 de xuño, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño organiza un taller de habilidades comunicativas e unha charla inspiracional para mellorar a comunicación das persoas asistentes
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
É tan básico ter unha boa idea de negocio como saber comunicala. Deste xeito, o Polo de O Carballiño organiza unha sesión na que se poñerá o foco en mellorar as habilidades comunicativas para poder conectar con clientes, provedores, socios, empregados e inversores e poder levar o teu proxecto ao seguinte nivel.
O programa será o seguinte:
11:00-11:05 h. Recepción de persoas asistentes e presentación da relatora Lara Capeáns, quen co seu proxecto Lumareda busca mellorar a forma de comunicación das persoas que deciden emprender.
11:05-11:10 h. Presentación do programa da xornada, do contido a tratar e da Rede de polos de emprendemento.
11:10-11:40 h. Charla inspiracional sobre a historia de Lumareda.
11:40-12:40 h. Obradoiro de habilidades comunicativas: no que se desenvolverán dinámicas para traballar a expresión corporal e oral das persoas participantes.
12:40-12:55 h. Petiscos e networking.
12:55 h. Peche da xornada.
A xornada terá lugar o venres 28 de xuño na Igrexa da Madalena (Praza da Madalena, 2, Ribadavia, Ourense). https://maps.app.goo.gl/tc38U9oiEcnx9yfx9
Anímate a aprender máis sobre formas de comunicarte!