Dende 09 de maio, 2024 - Ata 09 de maio, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco organiza unha actividade en formato mesa coloquio para identificar oportunidades de emprendemento no sector turístico
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
Con un interesante pasado antigo, diversas paisaxes naturais e unha potente oferta gastronómica e vinícola, O Barco sitúase como un destino turístico de primeiro nivel.
Con esta actividade preténdese involucrar a diferentes empresas da comarca a impulsar un turismo de calidade, identificando oportunidades de emprendemento co obxectivo de ofrecer experiencias máis completas e atractivas.
O programa será o seguinte:
11:15-11:20h. Recepción e benvida.
11:20-11:30h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego.
11:30-12:30h. Mesa Coloquio: experiencia no turismo.
Participantes:
12:30-13:15h. Dinámica de propostas para obter ideas e opcións de emprendemento que dean resposta ás necesidades do sector.
13:15-13:30h. Exposición das conclusións.
13:30 h. Viño valdeorrés.
Se es unha persoa interesada en orientar o teu proxecto cara o sector turístico, esta actividade é para ti!
ColaboradoresRuta do Viño Valdeorras