Transmitindo vivencias emprendedoras (II): emprendemento no sector primario

Dende 12 de xullo, 2024 - Ata 12 de xullo, 2024

AJE Ourense organiza un evento de networking centrado no sector primario

Categorías: Outra

O sector primario é un dos máis importantes e quizais un dos máis esquecidos se falamos de xente nova. Para romper con ese estigma, o venres 12 de xullo AJE Ourense organiza un networking no que convida a coñecer a historia dun mozo emprendedor que optou por traballar co gando como método de emprendemento. A súa explotación, á que se dedica cada día, está en Carballeda de Avia.

 

As persoas participantes terán a oportunidade de convivir coa súa explotación e de coñecer o seu día a día, así como a decisión de apostar polo rural e tamén as dificultades coas que se atopou neste proceso. Haberá tamén momento para as dúbidas de todas aquelas persoas emprendedoras que se dedican a proxectos relacionados ou dos que poidan ter interese futuro en colaboracións.

 

Con este evento preténdese dar voz á xente nova que aposta polo medio rural e polas súas oportunidades, falar das vantaxes e tamén dos problemas que se atopan neste sector e no seu desenvolvemento, e tamén sementar o aliciente de apostar por este tipo de iniciativas como emprendementos hoxe en día. Nun entorno envexable, ofrecerase un espazo de networking no que os socios de AJE Ourense tamén poderán conversar e ofrecer a oportunidade de crear sinerxías novas.

 

 

 

Agardámoste ás 20h na localidade de Abelenda das Penas (Concello de Carballeda de Avia, Ourense).

 

Non perdas a oportunidade de coñecer como se desenvolve o emprendemento no mundo rural e participa neste networking!


Outra

Voltar