Dende 30 de maio, 2025 - Ata 30 de maio, 2025
Networking e dinámicas grupais para explorar retos e oportunidades na comercialización hortícola: identificaremos estratexias e sinerxías para mellorar a venda local e a colaboración entre produtores, distribuidores e asesores, conversando con responsables de Grupo Vegalsa, Kibus - Galia, Fogar Consultores e Horta Ramisquido.
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
📅 Venres, 30 de maio | 10:45-14:30 h
📍 Centro Sociocultural de Paiosaco (A Laracha, A Coruña)
O sector hortícola está cheo de talento, esforzo e calidade, pero tamén de retos: a venda directa, a distribución e o acceso ao consumidor seguen sendo desafíos importantes. Esta xornada nace para compartir experiencias, identificar solucións prácticas e conectar a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, están a facer avanzar a comercialización hortofrutícola en Galicia.
A actividade reuniranos en Paiosaco para escoitar a voces referentes de plataformas dixitais como Kibus-Galia, distribución como Vegalsa, asesoramento profesional de Fogar Consultores ou experiencias reais como a de Horta Ramisquido.
Nesta actividade poderás...
PROGRAMA:
10:45 h – Recepción e benvida
11:00 h – Panel de experiencias: innovación e comercialización
• Kibus-Galia (Eduardo Sanjurjo)
• Fogar Consultores (Juan Martín Rodríguez)
• Grupo Vegalsa (Jorge Eiroa)
• Horta Ramisquido (José Manuel García Pedreira)
12:00 h – Espazo de preguntas e diálogo
12:15 h – Taller exprés “3 retos, 3 ideas” (traballo por grupos)
13:00 h – Visita guiada a Horta Ramisquido
13:30 h – Pincho networking
Se queres mellorar a forma en que vendes, conectas e fas crecer o teu proxecto hortícola, esta xornada é para ti.