Dende 24 de febreiro, 2025 - Ata 24 de febreiro, 2025
Obradoiro no que descubrirás as bases da Intelixencia Artificial e as súas aplicacións no ámbito do emprendemento a través de exemplos prácticos e dinámicas de grupo
Categorías: Formación
Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)
O Polo Coristanco organiza, en colaboración con Possible Incorporated S.L., unha experiencia formativa deseñada para persoas emprendedoras que desexan innovar e optimizar os seus proxectos. Durante esta xornada abordarase desde a introdución teórica á IA ata a posta en marcha de propostas concretas, facendo fincapé en casos de uso reais e demostracións prácticas de ferramentas coma ChatGPT, Gemini, Canva, DALL·E ou MidJourney.
A sesión inclúe momentos para o networking, onde compartir inquietudes e crear sinerxías co resto de persoas participantes, así como un obradoiro práctico no que deseñar un prototipo ou plan inicial para integrar a IA en cada proxecto. Ademais, contarás co asesoramento personalizado do equipo formador, que guiará a definición dos retos e facilitará suxestións para mellorar as propostas.
O programa será o seguinte:
9:50-10:00 h. Recepción
10.00-10:30 h. Introdución a intelixencia artificial
10:30-12:00 h. Fai que a IA traballe para ti: Ferramentas e aplicacións
12:00-12:30 h. Conecta e comparte: Café Networking
12:30-13:45 h. Crea a túa solución: Obradoiro práctico e posta en común
13:45-14:00 h. Proxéctate cara o futuro: Clausura
O evento terá lugar na sede do Polo Coristanco (Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, Lugar Feiranova, Coristanco) o luns, 24 de febreiro.
Se estás a comezar o teu proxecto ou queres levar a túa empresa ao seguinte nivel, esta é unha oportunidade única!
ColaboradoresPossible Incorporated S.L.