Dende 19 de xuño, 2025 - Ata 19 de xuño, 2025
Taller práctico onde se traballaran a expresión corporal e oral dos participantes a través de dinámicas lúdicas e participativas.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
📅 Mércores, 19 de xuño | 11:00–13:00 h
📍 Viveiro de Empresas de A Estrada
Hai ideas con potencial, pero… estás contándoas da mellor maneira? Esta formación presencial, pensada para persoas emprendedoras da Rede de polos, axudarache a descubrir como mellorar a túa comunicación para conectar coa túa audiencia, gañar seguridade e saber presentar o teu proxecto con impacto.
Durante dúas horas, e nun formato práctico e participativo, traballaremos aspectos clave da comunicación verbal e non verbal. A actividade inclúe dinámicas activas, exemplos reais, e ferramentas sinxelas para que poidas expresarte con máis confianza en presentacións, reunións ou accións comerciais.
Acompañarate Lara Capeáns, fundadora de Lumareda, cun obradoiro dinámico onde abordarás técnicas para mellorar a túa expresión oral e corporal, así como recursos para transmitir o teu proxecto con máis claridade, emoción e eficacia. E ademais, será unha oportunidade para coñecer outras persoas emprendedoras, compartir experiencias e facer rede.
Programa:
11:00 h – Recepción e presentación da Rede de polos de emprendemento
11:10 h – Presentación da poñente, Lara Capeáns, o seu proxecto Lumareda e introdución do obradoiro
11:30 h – Taller de habilidades comunicativas: dinámicas prácticas
12:40 h – Petiscos e networking
12:55 h – Peche da xornada
Se queres que o teu proxecto fale por ti, este é o momento. Mellora a túa capacidade de comunicar, conecta co público axeitado e aprende a vender a túa idea con autenticidade!