Dende 14 de novembro, 2023 - Ata 14 de novembro, 2023
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Montaña Lucense, en colaboración co GDR3 Montes e Vales Orientais, organiza a terceira xornada de traballo para definición e implantación de "A Despensa de Ancares Terras de Burón" nos centros de aloxamento do territorio que non ofrecen servizo de comidas.
Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais
Modalidades: Presencial
Despois da presentación no mes de xuño da iniciativa, celebrando dúas xornadas para impulsar as sinerxías entre o sector agroalimentario e o turístico, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Montaña Lucense, en colaboración co GDR3 Montes e Vales Orientais, iniciou en Baleira un ciclo de tres xornadas de traballo para definir e implementar “A Despensa de Ancares Terras de Burón” nos aloxamentos que se adheriron ao proxecto. O próximo martes, 14 de novembro, celébrase a terceira destas xornadas, na biblioteca municipal de Baleira (Avda. Dr. Escobar s/n - 27130 Baleira), en horario de 18.00 a 21.00h.
Nas primeiras xornadas participaron dezanove persoas, representando aos hostaleiros e axentes do territorio implicados na iniciativa.
Os obxectivos principais desta terceira xornada serán consecuencia das conclusións da primeira sesión e das actuacións definidas polos participantes e desenvolvidas durante a segunda xornada. Das sete accións propostas, esperamos pechar as seguintes:
Os Polos de emprendemento e apoio ao emprego levan a cabo unha prospección de potencialidades de emprendemento e de necesidades no territorio no que se asentan. Neste caso, a colaboración establecida co GDR 3 Montes e Vales Orientais foi fundamental para unha posta en marcha tan rápida da iniciativa, constituindo esta cooperación unha boa práctica que pode servir de exemplo para outras actuacións.
A actividade enmárcase no conxunto de iniciativas que a Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego busca poñer en marcha nos diferentes territorios para potenciar o emprendemento aproveitando os recursos locais.
ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais