Temos moitos dramas e poucas cañas. Arranxámolo? 

Dende 24 de abril, 2025 - Ata 24 de abril, 2025

AJE Ourense organiza este afterwork para que as persoas emprendedoras e empresarias ourensás poidan compartir os seus problemas e chegar a solucións en conxunto.

Categorías: Outra

 

📅 Xoves, 24 abril | 20:00h - 21:00h

📍 Tamarindo Patio Bar (Praza Maior de Ourense, 10)

 

Os emprendedores e empresarios ourensáns comparten problemas, pero tamén poden compartir solucións. E o que é máis importante: un espazo para queixarse dos obstáculos do día a día. Con esta intención organizamos un afterwork máis relaxado, no que a través dunhas cañas e un picoteo ofrecer un entorno de desconexión despois dunha nova (e dura) semana.

 

Para este evento abrimos debate tamén a través das redes sociais cun caixón de preguntas no que queremos saber “Cales son os problemas dos empresarios ourensáns?”. Queixarse é importante para liberar tensións, sobre todo entre aqueles iguais que están pasando polas mesmas dificultades ou que xa as pasaron e poden aportar un consello.

 

 

Un networking co que facer contactos, compartir experiencias e fortalecer lazos entre os xóvenes empresarios.

 


Outra

Voltar