Dende 23 de outubro, 2024 - Ata 23 de outubro, 2024
Os Polos de Emprendemento de Coristanco e Ferrol coa colaboración do COINTEGA – CLUSTER GALLEGO TEXTIL MODA e o Concello de Arteixo organizan unha xornada dirixida a persoas emprendedoras e profesionais do sector que buscan potenciar os seus negocios.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
Traballas no sector textil? Queres conectar con outras persoas emprendedoras e empresas do sector textil, explorando oportunidades de colaboración e transformación dixital? Achégate ao Centro Tecnolóxico de Arteixo o 23 de outubro e terás unha tremenda oportunidade de impulsar o teu negocio téxtil, coñecer solucións innovadoras, establecer contactos estratéxicos e mellorar a competitividade no mercado actual.
O Polo Coristanco e Polo Ferrol colaboran con COINTEGA – CLUSTER GALLEGO TEXTIL MODA e o Concello de Arteixo para poder traer esta sesión informativa e de networking ás persoas emprendedoras, empresas e institucións do sector textil.
O programa será o seguinte:
15:50-16:00 h. Recepción e rexistro
16:00–16:10 h. Benvida e Presentación
16:10–17:00 h. IA Aplicada aos Procesos de Produción. Intervención de experto en IA no sector textil. Alonso Becerril Oriol. CEO La Tecnocreativa.
17:00–18:00 h. Café Tecendo Redes: Mapa de Conexións no Sector Téxtil Galego
18:00 – 19:00 h. Omnicanalidade e Experiencia de Compra. Intervención de experto. Guillermo Prado. Director de Operacións en Mekkdes.
19:00-19:30 h. Peche da xornada
A actividade terá lugar o próximo mércores, 23 de outubro, nas instalacións do Centro Tecnolóxico de Arteixo (Av. Arsenio Iglesias, nº 46, Arteixo, A Coruña).
Agardámoste!
ColaboradoresCointega e Concello de Arteixo