Dende 07 de marzo, 2024 - Ata 07 de marzo, 2024
Tes interese en coñecer máis sobre como obter financiamento para o teu proxecto? Nesta actividade organizada desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco, coñecerás o funcionamento das principais liñas de financiamento empresarial e os procesos de solicitude ante axentes financeiros.
Categorías: Formación
Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)
Os obxectivos desta actividade englóbanse nas seguintes catro metas:
O programa é o seguinte:
10:30 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego.
10:40 h. Análise dos instrumentos de financiamento.
12:00 h. Pausa para café.
12:30 h. Elaboración dunha proposta de préstamo.
13:30 h. Estratexias e negociación.
14:00 h. Remate da xornada.
O obradoiro terá lugar no Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco - Feiranova s/n 15147.