Taller básico on line de Iniciación á impresión 3D por Modelado por Deposición Fundida (FDM)

Dende 11 de xuño, 2025 - Ata 11 de xuño, 2025

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia organiza en colaboración co COE (Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego) un taller práctico on line especialmente deseñado para persoas emprendedoras que desexen adquirir coñecementos básicos na utilización da impresion 3D nos seus proxectos.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

📅 Mércores 11 de xuño | 09:00 h a 11:00 h
💻 Modalidade: en liña

 

Nesta sesión de traballo, dirixida a persoas emprendedoras beneficiarias da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, daranse a coñecer os conceptos fundamentais da impresión 3D e ofrecerase unha base teórica xeral sobre esta tecnoloxía, co obxectivo de establecer as bases necesarias para un coñecemento máis amplo destas ferramentas emerxentes.

 

Pensada para persoas emprendedoras que queiran explorar novas formas de crear, personalizar ou prototipar as suas ideas ou produtos. Realizarase un percorrido polas principais variantes da fabricación aditiva, analizando as súas aplicacións actuais. A atención centrarase no Modelado por Deposición Fundida, por ser o método máis accesible e tamén o máis empregado na actualidade.

 

A actividade estrutúrase en tres partes: unha presentación do equipamento de prototipado dispoñible, unha exposición teórica sobre a tecnoloxía FDM e un espazo de boas prácticas seguido dunha rolda de preguntas.

 

Nesta sesión aprenderás...

  • En que consiste a fabricación aditiva e as súas principais variantes
  • Como funciona a tecnoloxía FDM e que ferramentas se precisan
  • Boas prácticas para iniciarte na impresión 3D

 

Programa:

09:00 h – Recepción de asistentes e presentacións

09:10 h – Presentación do equipamento de fabricación e prototipado do COE con Patricia Vilar (Alvo 3D) e David Rodríguez (ROPI4)

09:20 h – Introdución á Fabricación Aditiva. A tecnoloxía FDM e os modelos 3D con Patricia Vilar (Alvo 3D) e David Rodríguez (ROPI4)

10:10 h – Resumo de boas prácticas con Patricia Vilar (Alvo 3D) e David Rodríguez (ROPI4)

10:40 h – Preguntas e respostas

11:00 h – Peche da sesión

 

Inscríbete xa e participa activamente na exploración de novas tecnoloxías para innovar no teu proxecto!


Online

Voltar