Dende 27 de marzo, 2025 - Ata 27 de marzo, 2025
Esta actividade desenvolverase en formato de charla coloquio, impartida por Rebeca Ponte, responsable da Área de Benestar Sociolaboral e Saúde Comunitaria da Fundación Ronsel. Traballarase na realidade emocional das persoas emprendedoras no sector comercio e aportaránse claves para mellorar o seu benestar, o seu autocoidado e afrontar os seus retos e preocupacións.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
📅 Xoves, 27 de marzo | 12:00 - 14:00h
📍 Salón de Actos do Edificio Multiusos (O Barco de Valdeorras)
Esta actividade consistirá nunha charla impartida por Rebeca Ponte, responsable da Área de Benestar Sociolaboral e Saúde Comunitaria da Fundación Ronsel, para dotar ás persoas asistentes das claves para traballar o seu benestar emocional e integralo nas estratexias de emprendemento sostible, e así acadar o éxito a longo prazo das empresas e dos seus fundadores.
Mediante as prácticas búscase salientar a importancia de coidar a saúde mental no eido do emprendemento no comercio, un sector que conleva altos niveis de estrés e presión que poden afectar negativamente ás persoas. Convidarase a asistir a esta conferencia aos asociados do Centro Comercial Aberto e a outras persoas emprendedoras.
Nesta xornada aprenderás...
✅ Como mellorar o teu benestar físico e emocional
✅ Claves básicas de autocoidado para emprendedores
✅ Ferramentas básicas e exercicios físicos
O programa é o seguinte
12:00 - 12:05h Recepción dos asistentes
12:05 - 12:35h Desenvolvemento teórico da actividade
12:35 - 13:35h Desenvolvemento práctico da actividade
13:35 - 13:45h Dúbidas e conclusións
13:45 - 14:00h Petiscos e networking
💡 Non deixes pasar esta oportunidade! Só hai 20 prazas, inscríbete agora!
ColaboradoresCentro Comercial Aberto