Dende 02 de outubro, 2023 - Ata 02 de outubro, 2023
Sesión de divulgación da cultura emprendedora no IES Val do Asma de Chantada
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Lugo Sur visita aos alumnas e alumnas de ciclos medios e superiores do IES Val do Asma de Chantada para levar a cabo un taller de divulgación da cultura emprendedora.
O obxectivo desta actividade é dar difusión da existencia dos apoios que presta a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego a aquelas persoas que queren emprender, dando a coñecer a importancia de emprender con metodoloxía a través da actividade práctica “Ikigai” para detectar potenciais persoas emprendedoras.