Dende 18 de abril, 2024 - Ata 18 de abril, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol organiza un taller participativo dentro da Semana do Emprendemento para motivar ás persoas a emprender a través da intelixencia emocional
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
Na actualidade estase a comprobar cada vez con máis frecuencia o importante que é xestionar as emocións en todos os ámbitos vitais. Por iso, conceptos como o liderado da intelixencia emocional ou da comunicación non violenta non poden estar desligados desta cuestión.
Esta actividade enmarcada na Semana do Emprendemento, ten como obxectivo que as persoas emprendedoras aprendan a valorar o impacto da auto-conciencia, saiban como auto-regularse ante as dificultades, e que as súas relacións sociais, a súa empatía e súa motivación se vexan incrementadas.
Polo tanto, neste taller participativo as persoas asistentes poderán coñecer os compoñentes e ferramentas da intelixencia emocional, así como as 6 emocións básicas, facendo fincapé no medo, tan habitual no proceso emprendedor.
O programa será o seguinte:
9:30-9:45 h. Presentación.
9:45-11:30 h. Aplicación da intelixencia emocional no momento de emprender.
11:30-12:00 h. Pausa para o networking.
12:00-13:30 h. Aplicacións na vida persoal e profesional destes conceptos.
13:30 h. Peche da xornada.
Dita actividade terá lugar o 18 de abril, no Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol (rúa Deputación 18, 1º andar, Friol)
Se queres vencer o teu medo a emprender, inscríbete nesta actividade!