Storytelling de marca: crea unha identidade dixital única

Dende 26 de maio, 2025 - Ata 26 de maio, 2025

Obradoiro deseñado para capacitar ás persoas emprendedoras de Sarria e comarca na creación e comunicación do relato que define a súa marca.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

📅 Luns, 26 de maio | 20:30-22:30 h

📍 Sede do Polo Sarria

 

Nun entorno cada vez máis competitivo e dixitalizado, contar ben quen es e que fas converteuse nun elemento clave para conectar co público e diferenciarse. O Polo Sarria organiza este obradoiro co obxectivo de axudar ás persoas emprendedoras da comarca a crear un relato auténtico e memorable que lles permita reforzar a súa identidade dixital e destacar nos medios.

 

A actividade combina explicación teórica e exercicio práctico para construír a historia de cada proxecto emprendedor, traballando ferramentas de comunicación emocional e estruturación narrativa que poidan aplicarse en redes sociais, presentacións ou materiais promocionais.

 

Nesta actividade traballarás:

  • Que é o storytelling de marca e como pode axudar ao teu proxecto.

  • Como identificar e estruturar os elementos clave dunha historia de marca auténtica.

  • Técnicas para comunicar quen es, que fas e por que o fas.

  • Aplicación práctica do relato en redes sociais e comunicación dixital.

  • Creación guiada da túa historia de marca.

  • Espazo de preguntas, recursos e networking final.

 

Programa:

20:30h – Benvida e presentación da actividade
20:35h – Presentación das persoas participantes e necesidades
20:45h – Que é o storytelling de marca e para que serve
21:15h – Elementos clave dunha historia de marca auténtica
21:30h – Obradoiro práctico: crea o relato da túa marca
22:05h – Preguntas abertas, consellos finais e recursos
22:15h – Café networking
22:30h – Peche da actividade

 

Se queres destacar, inscríbete e conecta co que diferenza o teu proxecto dos demais e aprende a contalo!


Presencial

Voltar