Somos negocio de proximidade: explorando fortalezas e oportunidades

Dende 15 de maio, 2024 - Ata 15 de maio, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda organiza unha actividade focalizada nas fortalezas dos negocios locais e no aproveitamento das oportunidades da era dixital

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

Tes un comercio ou negocio de hostalaría local e desexas poñer en valor todo o teu potencial para diferenciarte das grandes superficies? O Polo Silleda organiza esta actividade para destacar as fortalezas dos negocios locais poñendo o foco nas oportunidades que ofrece a era dixital. 

 

No desenvolvemento da actividade daranse tres fases:  

  • Entrevista persoal. Na busca por coñecer a percepción de cada participante sobre a economía local, realizaranse entrevistas do 9 ao 14 de maio, onde serán detectados os principais focos de malestar.  

  • Traballo en grupo. Da man da coach Isabel Moreno Manchado identificaranse áreas de oportunidade na xestión e comunicación dos negocios. 

  • Apoio e titorización. Desde o Polo Silleda ofrecerase a opción de recibir asesoramento para a posta en marcha e seguimento das accións identificadas na actividade.  

 

O programa será o seguinte:  

20:30-20:40 h. Benvida e presentación. 

20:40-21:00 h. Análise dos puntos fortes e diferenciadores dos negocios locais. 

21:00-21:20 h. Identificación de áreas de oportunidade.  

21:20-21:40 h. Planificación de accións concretas para a mellora dos negocios. 

21:40-22:00 h. Estratexias innovadoras para crear alianzas de apoio que potencien os seus negocios. 

22:00 h. Peche da actividade. 

 

Agardámoste! 


Presencial

Voltar