Sesión divulgativa "E ti, coñeces a fórmula?" | Ames

Dende 11 de xullo, 2025 - Ata 11 de xullo, 2025

EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" en colaboración co Programa de Emprego, formación, educación e economía social do FSE+ e no marco da Rede Eusumo.

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 11 de xullo | 10:00 - 12:30 h

📍 Espazo A Proa, Rúa das Hedras, 2, 15895, O Milladoiro, Ames

 

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.

  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.

  • Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

 

 

Programas e contidos:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.

  • A cooperativa dentro da economía social.

  • Os principios e valores cooperativos.

  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.

  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo.

  • Boas prácticas en emprendemento cooperativo: participación dunha cooperativa presentando o seu proxecto.

 

 

Metodoloxía: 

 

A metodoloxía é activa e participativa. Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación.

 

Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.

 

 

Dirixido a: 

 

Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación. Persoas prescriptoras de emprego que teñan interese en coñecer a fórmula para informar e asesoras ás persoas beneficiarias dos seus servizos. Persoal docente e orientador. Público en xeral.

 

 

Máis información: contacta a través de patane@espazo.coop ou do teléfono 697 87 77 73 


Presencial

Voltar