Sesión divulgativa "E ti, coñeces a fórmula?"

Dende 14 de xaneiro, 2025 - Ata 14 de xaneiro, 2025

EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" en colaboración co Programa de Emprego, formación, educación e economía social do FSE+ e no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

Datas e localizacións: 

  • 14 de xaneiro de 11:00h a 14:00h. CEIP Manuel Antonio - Vigo
  • 15 de xaneiro de 9:30h a 13:30h. IES Leliadoura - Ribeira
  • 16 de xaneiro de 8:30h a 11:00h. CEIP Paseo das Pontes - A Coruña
  • 27 de xaneiro de 12:00h a 15:00h. IES Rodeira - Cangas
  • 29 de xaneiro de 12:30h a 15:00h. IES Terra de Trasancos - Narón

 

Modalidade: presencial

 

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.

  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.

  • Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crece-mento profesional.

 

Programas e contidos:

  • Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.

  • A cooperativa dentro da economía social.

  • Os principios e valores cooperativos.

  • Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.

  • Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo.

 

Metodoloxía: 

A metodoloxía é activa e participativa. Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación.

Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.

 

Dirixido a: 

Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación.

 

Máis información: contacta a través de patane@espazo.coop ou do teléfono 697877773


Outra

Voltar