Dende 11 de abril, 2023 - Ata 17 de abril, 2023
A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego organiza do 11 ao 17 de abril un conxunto de actividades de difusión e portas abertas con motivo do Día mundial do emprendemento que se celebra o 16 de abril. O obxectivo é visibilizar a función e os servizos que presta a Rede de polos á poboación e ao tecido empresarial da contorna.
Categorías: Outra
Modalidades: Presencial
Martes 11 de abril. A experiencia de emprender. Polo Costa da Morte.
Horario: De 11 a 13:30 horas.
Descrición da actividade:
Mércores 12 de abril. Business & Beers. Polo Rías Altas e Arco Ártabro.
Horario: 12 a 14 horas.
Descrición da actividade:
Encontro informal entre persoas emprendedoras e empresarios no que poñer en común as preocupacións, métodos e boas prácticas nun formato networking. Organizado en colaboración con BNI Albatros.
Xoves 13 de abril. Comunicación e entrega do premio do Concurso- Contando experiencias de emprendemento. Polo Lugo Sur (para máis información ver o evento correspondente).
Venres 14 de abril. Os venres dos Polos. Polo Pontevedra Norte e Rías Baixas.
Lugar: Naútico de San Vicente (O Grove)
Horario: 11:30 a 13:30 h.
Descrición da actividade:
Esta actividade forma parte tamén dos “Venres dos Polos”. Unha iniciativa para fomentar o intercambio de coñecemento e por en valor o inmenso talento emprendedor co que contamos en Galicia.
Nesta ocasión Alberto Gallego, fundador de Rutearte falará da súa experiencia emprendedora en “Viaxes de autor. Innovando no sector turístico”. Alberto viviu 7 anos en Perú, e estivo en 4 continentes e máis de 30 países descubrindo moitos recunchos fantásticos. A súa experiencia viaxeira complementouna con formación en turismo, converténdose en experto planificador de destinos e produtos turísticos de profesión.
Luns 17 de abril. Speed dating. Polo Ourense Centro e Sur.
Horario: 16:00 a 17:30 h.
Descrición da actividade:
O obxectivo do speed dating é, por unha banda, lograr que todas as persoas emprendedoras se coñezan, creando así unha comunidade máis forte. E, doutra banda, que comproben a súa capacidade para poder presentar o seu proxecto de maneira clara e práctica. A idea é que as persoas emprendedoras presenten nun cara a cara os seus proxectos cun máximo de 2 minutos. O evento tamén conta cun espazo grupal dinamizado polos técnicos do Polo.