Segunda xornada de traballo para a implantación de "A Despensa de Ancares Terras de Burón"

Dende 26 de outubro, 2023 - Ata 26 de outubro, 2023

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Montaña Lucense, en colaboración co GDR3 Montes e Vales Orientais, organiza a segunda xornada de traballo para definición e implantación de "A Despensa de Ancares Terras de Burón" nos centros de aloxamento do territorio que non ofrecen servizo de comidas

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

“A Despensa de Ancares Terras de Burón” é un novo servizo que aloxamentos da zona poderán instalar para poñer a disposición dos seus hóspedes cociña de calidade elaborada por dous axentes con forte implantación no territorio: a cooperativa A Carqueixa e a Asociación de Gandeiros A Fonsagrada (ASGAFON).

 

Despois da presentación no mes de xuño da iniciativa, celebrando dúas xornadas para impulsar as sinerxías entre o sector agroalimentario e o turístico, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Montaña Lucense, en colaboración co GDR3 Montes e Vales Orientais, iniciou en Baleira un ciclo de tres xornadas de traballo para definir e implementar “A Despensa de Ancares Terras de Burón” nos aloxamentos que se adheriron ao proxecto. O próximo xoves, 26 de outubro celébrase a segunda destas xornadas, na biblioteca municipal de Baleira (Avda. Dr. Escobar s/n - 27130 Baleira), en horario de 18.00 a 21.00h.

 

Na primeira xornada participaron dezanove persoas, representando aos hostaleiros e axentes do territorio implicados na iniciativa.

 

 

Os obxectivos principais desta segunda xornada serán consecuencia das conclusións da primeira sesión e das actuacións definidas polos participantes. Das sete accións propostas, esperamos pechar as seguintes:

  1. Elaboración do inventario de axentes implicados no proxecto.
  2. Deseño dun proxecto "piloto" para probar cunhas condicións mínimas viables.
  3. Validación do “piloto” para comezar a implantación xeralizada e abrir a adhesión definitiva dos interesados.

 

Os Polos de emprendemento e apoio ao emprego levan a cabo unha prospección de potencialidades de emprendemento e de necesidades no territorio no que se asentan. Neste caso, a colaboración establecida co GDR 3 Montes e Vales Orientais foi fundamental para unha posta en marcha tan rápida da iniciativa, constituindo esta cooperación unha boa práctica que pode servir de exemplo para outras actuacións.

 

A actividade enmárcase no conxunto de iniciativas que a Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego busca poñer en marcha nos diferentes territorios para potenciar o emprendemento aproveitando os recursos locais.

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais

Voltar