Dende 23 de abril, 2025 - Ata 23 de abril, 2025
Segunda xornada de traballo cos axentes da Comarca de Ferrolterra co obxetivo de definir accións en prol do emprendemento e a xeración de emprego na nosa contorna
Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais
Modalidades: Presencial
📅 Mércores, 23 de abril | 9:30 a 11:00 h
📍 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Av de Castelao 64, Ferrol)
Tras o éxito da primeira sesión celebrada o 14 de febreiro, convocamos unha segunda xornada de traballo colaborativo para seguir fortalecendo o ecosistema de emprendemento e emprego na comarca de Ferrolterra.
Esta nova reunión é clave para avanzar nos compromisos xa iniciados, poñer en común novos recursos e ferramentas, e coordinar accións de maneira máis eficaz entre entidades e profesionais do territorio.
A xornada estará orientada á acción e á cooperación real entre axentes do territorio.
Programa:
Seguimos tecendo rede, compartindo visións e sumando esforzos para que o ecosistema emprendedor e de emprego da comarca sexa cada vez máis forte, cohesionado e transformador.