Dende 08 de outubro, 2024 - Ata 08 de outubro, 2024
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o encontro en liña "Sector coidados: necesidades e potencialidades" no marco da Rede Eusumo
Categorías: Outra
Data: 8 de outubro
Horario: de 17:00 a 20:00 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Obxectivo:
Favorecer a reunión de profesionais do sector coidados para recoller achegas e suxestións de mellora, a partir da súa realidade e experiencia, ademais de trasladar e avaliar a información recollida no traballo de prospección realizado ata agora.
Persoas destinatarias:
Preferentemente, persoas e entidades vinculadas ao sector da economía dos coidados, profesionais da xestión, prestadoras de servizos, tecido da economía social, tecido socioeconómico e comunitario, administracións públicas, ou prescriptoras de emprendemento neste sector.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop