Ubicación: Laias Caldaria Hotel Balneario, Ourense.
Contido/programa: Ourense é unha provincia termal por excelencia. Ademais de aproveitar os nosos recursos e poder desfrutar deles, queremos coñecer un pouco máis, tanto deste modelo de negocio como das súas vantaxes para a saúde. Para este foro, ofreceremos a posibilidade dunha xornada de relaxación nas augas termais de Laias. Aproveitaremos este momento de desconexión das nosas ocupacións diarias para centrarnos en facer contacto con outros emprendedores. Irá seguida dunha charla médica sobre os beneficios da auga termal e de todas as súas variantes para a nosa saúde. Así como tamén nos explicarán algúns rituais para implementar no noso día a día como traballadores que mellorarán notablemente a nosa eficacia e tamén a nosa saúde. Remataremos cunha sesión de networking desfrutando dunhos pinchos, que servirá tamén para fortalecer lazos entre os nosos empresarios.