Rural day. Presentación da historia das nosas marcas

Dende 20 de febreiro, 2024 - Ata 20 de febreiro, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza unha xornada formativa para apoiar ás persoas emprendedoras cunha dinámica na que presentarán a historia da súa marca.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

Como parte dos traballos para o impulso da iniciativa "A Despensa de Ancares Terras de Burón", o Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza un ciclo de actividades formativas dirixidas ás persoas emprendedoras que participan no proxecto, xa sexan produtores ou responsables de establecementos turísticos, co obxectivo de mellorar as súas habilidades comerciais.

Nesta xornada, que terá duración de tres horas, as persoas participantes na formación “Crea o teu storytelling” presentarán en público a súa historia.

A sesión formativa terá lugar nas instalacións da Casa do Concello de Baleira, o martes 20 de febreiro en horario de 16:30 a 19:30 h.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais

Voltar