RRSS e Márketing Dixital para o pequeno comercio

Dende 10 de marzo, 2025 - Ata 10 de marzo, 2025

Esta actividade de formación en márketing dixital está deseñada para capacitar aos comerciantes en estratexias e conceptos clave que lles permitan mellorar a súa presenza en liña e aumentar as vendas

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

📅 Luns, 10 de marzo | 20:30 – 22:30 h

📍 Sede do Polo Sarria (Rúa Diego Pazos nº 20, Sarria, Lugo)

 

O pequeno comercio de Sarria afronta un mercado cada vez máis competitivo e dixitalizado. Para reforzar a súa presenza e atraer máis clientes, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Sarria organiza esta formación en Redes Sociais e Márketing Dixital, unha oportunidade clave para aprender estratexias efectivas de comunicación e potenciar o negocio.

 

Esta actividade capacitarate para...

 

✅ Mellorar a competitividade do teu negocio en liña

✅ Dominar estratexias de comunicación en RRSS

✅ Coñecer os fundamentos do márketing dixital

✅ Potenciar o comercio local e a conexión con novos clientes

 

O programa será o seguinte:

 

20:30 - 20:40 h. Presentación do evento

20:40 - 22:00 h. Claves das RRSS e do Márketing Dixital: estratexias, obxectivos e comunicación diferencial

22:00 - 22:20 h. Dinámica práctica: creación de estratexias

22:20 - 22:30 h. Preguntas e conclusións

22:30 h. Peche e networking

 

Se es comerciante ou queres impulsar o teu negocio en liña, esta sesión é para ti! Únete e dá un paso máis cara á transformación dixital.


Presencial

Voltar