Dende 23 de outubro, 2023 - Ata 23 de outubro, 2023
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza programa formativo sobre márketing dixital entre outubro e novembro (32 horas) dirixida ás persoas emprendedoras da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. A primeira sesión denominada "Redefinindo o meu modelo de negocio" terá lugar este luns 23 de 9.30 a 13.30h.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
O obxectivo da formación é facilitar ás persoas emprendedoras coñecementos e habilidades para xestionar a presenza dos seus proxectos en Internet e as canles de comunicación dixital coa súa clientela. A formación é presencial, en horario de 9.30 a 13.30h, nas instalacións do Polo de emprendemento de Friol (Rúa Deputación nº18). As oito sesións do programa serán impartidas por docentes especializados.
A primeira sesión denominada “Redefinindo o meu modelo de negocio” centrarase nos aspectos fundamentais antes de establecer a estratexia de comunicación dixital. O evento está aberto a todas as persoas emprendedoras que participan na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego previa inscrición. Será impartida por Pablo López.
Programa completo