Proxecto FICAR: Coliving e emprendemento no rural galego

Dende 15 de xullo, 2024 - Ata 15 de xullo, 2024

A Consellería de Emprego e a Asociación Cultural Sende porán en marcha este novo proxecto piloto para atraer a 60 persoas que emprendan ou traballen no rural galego

Categorías: Outra

 

 

Vives nunha aldea en Galicia, consideras mudarte ou queres voltar ao rural galego? Gustaríache probar a experiencia do coliving este verán? Queres formar parte dunha comunidade formada por 60 persoas de distintos ámbitos profesionais? Se a resposta a todo é si, segue lendo! 

 

A Consellería de Emprego e a Asociación Cultural Sende unen forzas para consolidar o rural galego como un sitio no que vivir, traballar e facer comunidade. Así, convocan unhas bolsas a través do proxecto FICAR, no que 60 persoas poderán experimentar os colivings de Sende, Anceu e iSlow. A bolsa inclúe aloxamento, uso de espazos de coworking, mentorías e todas as actividades futuras. 

 

O proxecto estará dividido en tres fases, que transcurrirán entre xullo e setembro: 

 

  • 1º fase: Estadías de 15 días nos diferentes colivings. 

  • 2º fase: Apoio continuo en liña 

  • 3º fase: Xuntanzas presenciais mensuais 

 

Tanto se xa vives no rural, como se queres asentarte nel, non perdas esta oportunidade de facer comunidade. Inscríbete ata o 5 de xullo ás 18:00! 


Outra

Voltar