Dende 04 de xullo, 2024 - Ata 04 de xullo, 2024
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a charla "E ti, coñeces a fórmula?" no marco da Rede Eusumo e do Programa de Emprego, formación, educación e economía social (EFESO) do FSE+
Categorías: Outra
Data: 4 de xullo.
Horario: de 10:00 h a 13:00 h.
Modalidade:
Lugar:
Obxectivos:
• Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
• Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
• Visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.
Programa e contidos:
• Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
• A cooperativa dentro da economía social.
• Os principios e valores cooperativos.
• Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.
• Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo.
Metodoloxía:
A metodoloxía é activa e participativa. Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación. Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa a cargo da cooperativa.
Persoas destinatarias:
Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación.