Programa de Intercooperación: Encontro Sectorial Ensino

Dende 22 de febreiro, 2025 - Ata 22 de febreiro, 2025

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Encontro Sectorial Ensino" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

 

Data: 22 de febreiro de 2025

Horario: de 10:00 h a 14:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Colexio Ángel de la Guarda (Nigrán)

 

Obxectivos: ​

  • Dar a coñecer o Programa de Intercooperación da Unión, así como as distintas liñas de promoción do cooperativismo e a economía social para o ano 2025 por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Rede Eusumo. Visualización do 2025 como Ano Internacional das Cooperativas.
  • Compartir entre as cooperativas asistentes as características e particularidades nos procesos de relevo xeracional e de entrada de novos/as socios/as que se están a producir en cada unha delas. Boa praxis e necesidade de implementar procesos formativos que faciliten a comprensión da realidade da fórmula cooperativa ás novas persoas socias.
  • Coñecer o modelo de traballo que se está a seguir en A Medoña S. Coop. Galega, de cara a de transferencia de coñecementos, técnicas e metodoloxías de xestión.
  • Xerar un espazo de coñecemento mútuo e promoción de posibles accións de cooperación entre os participantes no Encontro.

 

Programa e contidos:

  • O proceso de relevo xeracional nas cooperativas de ensino e a entrada de novas persoas socias. Necesidade de clarificar procedementos, fomento de boas praxis e formación no eido cooperativo para as novas persoas socias. 
  •  Visita ás instalacións de A Medoña S. Coop. Galega.
  • Conclusións, resolución de dúbidas e recollida de propostas.

 

Dirixido a:

  • Persoas socias de cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman a sectorial de Ensino, así como doutras entidades da economía social no eido do ensino.

 

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de 623 30 15 33 ou roberto@espazo.coop 


Outra

Voltar