Programa de Intercooperación: Encontro Sectorial Cultura-TOPMA

Dende 29 de novembro, 2024 - Ata 29 de novembro, 2024

A Unión de Cooperativas Galegas organiza o obradoiro "Programa de Intercooperación: Encontro Sectorial Cultura-TOPMA" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

Data: O 29 de novembro de 2024

Horario: de 10:00 h a 12:30 h

Modalidade: presencial

Lugar: CULTURGAL- Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa Alexandre Bóveda, s/n

 

Obxectivos: 

Establécese como obxectivo xeral a promoción de encontros de intercooperación entre cooperativas para o fortalecemento sectorial, e como obxectivos específicos:

 

  • Favorecer o coñecemento mutuo entre as entidades participantes, tanto a nivel sectorial como profesional.
  • Presentación das liñas de actuación das distintas Administracións en materia de promoción do cooperativismo e a economía social para o 2025 (importes, prazos, obxectivos prioritarios, fontes de financiamento e características específicas de cada actuación).
  • Posibilidade de facer chegar á Admón., as eivas atopadas nos procesos de solicitude de axudas en convocatorias anteriores, así como determinar posibles liñas de mellora nas mesmas.
  • Posibilidade de dar a coñecer casuísticas concretas/intrínsecas do sector ou individuais de cada cooperativa, que non contan con atención específica dentro dos programas postos en marcha dende a Admón.
  • Posta en común de actuacións propias a desenvolver dende a Sectorial de cara á conmemoración do 2025 como Ano Internacional das Cooperativas.

 

Programas e contidos

10:00 h | Benvida e presentación do Encontro e do Programa de Intercooperación

10:15 h | Presentación das cooperativas presentes no Encontro

10:30 h | Presentación das propostas de actuación para o 2025 no eido da promoción da economía social por parte dos representantes das distintas administracións públicas presentes no Encontro.

11:15 h | Dinámica de intercambio de impresións, suxestións de mellora e clarificación de conceptos/criterios das distintas convocatorias de axudas/subvencións

11:45 h | Propostas de actuación dende a Sectorial para o Ano Internacional das Cooperativas 2025

12:15 h | Conclusións, resolución de dúbidas e recollida de propostas

12:30 h | Fin do encontro

 

Metodoloxía

Desenvolverase un método de traballo que combina a análise e reflexión estratéxica o intercambio de opinións e experiencias que sirvan para estimular e ordenar o diálogo nun plano de igualdade e enriquecemento mutuo.

 

Dirixido a 

Persoas socias de cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman a sectorial de Cultura-TOPMA, así como doutras entidades da economía social no eido da cultura.

 

Máis información: contacta a través do correo roberto@espazo.coop ou do teléfono 623301533


Outra

Voltar