Programa de Intercooperación: Encontro Sectorial Asesorías e Consultoras

Dende 27 de setembro, 2024 - Ata 27 de setembro, 2024

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Encontro Sectorial Asesorías e Consultoras" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

 

Data: 27 de setembro

 

Horario: de 15:30 h a 18:00 h

 

Modalidade: presencial

 

Lugar: cooperativa A Morada (Vigo)

 

Obxectivos: 

  • Favorecer o coñecemento mutuo entre as entidades participantes, tanto a nivel sectorial como intersectorial
  • Posibilitar a transferencia de temáticas, experiencias, metodoloxías, ou solucións para a posta en marcha de estratexias de cooperación
  • Contribuír á mellora da xestión empresarial e societaria e á consolidación das entidades participantes
  • Divulgar ferramentas e boas prácticas de intercooperación que favorezan o emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos neste eido
  • Estimular e acompañar ao emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos de intercooperación

 

Persoas destinatarias:

  • Persoas socias da cooperativas activas , principalmente aquelas que conforman a sectorial de Asesorías e Consultoras de EspazoCoop, favorecendo a participación de todas elas

 

Inscricións: a través deste formulario

 

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de 607 69 82 39 ou teresa@espazo.coop


Outra

Voltar