Mellora da produtividade entre persoas emprendedoras

Dende 26 de abril, 2024 - Ata 26 de abril, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco organiza un obradoiro para entender e poñer en práctica a produtividade dos proxectos profesionais das persoas asistentes

Categorías: Os venres dos polos

Modalidades: Presencial

 

A xornada ten como finalidade ofrecer un obradoiro interactivo no que as persoas participantes poidan mellorar a súa propia capacidade de producir resultados.  

O obradoiro divídese nunha parte inicial teórica na que se pretende descubrir un novo marco para producir resultados na empresa (porque hai horas de maior e menor produtividade); e nunha parte práctica para aplicar os primeiros conceptos co seu propio negocio ou como persoa que desexa ser produtiva.

 

O programa será o seguinte:  

11:30-11:35 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

11:35-11:45 h. Presentación da Rede de polos.  

11:45-13:15 h. Desenvolvemento do obradoiro. 

Imparte:  

  • Iago Fraga, consultor e experto en produtividade empresarial e organización. A súa características diferencial é ensinar “Produtividade Intelixente”, é dicir, obter mellores resultados facendo menos (e non máis) traballando as técnicas e ferramentas necesarias. 

13:15-13:30 h. Exposición das conclusións. 

13:30 h. Petiscos, networking e peche da xornada. 

 

O obradoiro terá lugar o 26 de abril, no Salón de actos Casa Grande de Viloira, Praza Ramón Otero Pedrayo, 11, 3215 O Barco.

 

Se queres aprender sobre produtividade e como mellorala na túa propia empresa anímate e participa!  


Presencial

Voltar