Presentación do proxecto de emprendemento innovador no rural "Territorio Soutos"

Dende 18 de febreiro, 2025 - Ata 18 de febreiro, 2025

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Barco, xunto á Fundación Ronsel e a entidade Leon Startup organizan esta xornada para presentar o programa “Territorio Soutos”. Un novo formato de emprendemento no rural para deseñar, de maneira colectiva coas persoas emprendedoras, solucións que resolvan retos identificados no territorio

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

Presentación do programa de emprendemento innovador “Territorio Soutos”: un formato de emprendemento que busca, a través do talento e a experiencia dos emprendedores e emprendedoras locais e urbáns, deseñar colectivamente proxectos de emprendemento disruptivos que ofrezan solucións e alternativas á industria tradicional do territorio.

O proxecto ten como territorio de impacto a área xeográfica de actuación do Polo de Emprendemento do Barco, que inclúen as comarcas de Valdeorras, Trives e Terra de Caldelas.

 

Programa da xornada: 

                     

12:00            Recepción de asistentes e benvida. 

                     Luis García Deber, Director da Fundación Ronsel. 

12:10            Territorio Soutos. 

                     Noemi Barrientos - Emprendedora local e fundadora de Léon Startup.              

                       1. Presentación do proxecto e as súas fases

                       2. Presentación da identidade visual local.

                       3. Lanzamento dos retos do territorio.

                      4. Lanzamento da convocatoria e presentación da web.                                       

12:40           Peche da xornada: 

                    Marta Mariño Regueiro, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social.                     

12:50            Degustación Produtos locais.

 

A actividade terá lugar o 18 de febreiro do 2025, no Centro de Día de Manzaneda, na Calle Toural s/n – 32781 Manzaneda (Ourense)


Voltar