Presentación do Polo Baños de Molgas na xornada Día da Xuventude

Dende 04 de xullo, 2024 - Ata 04 de xullo, 2024

O polo Baños de Molgas participará cun stand na xornada do Día da Xuventude, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude coa intención de fomentar a actitude emprendedora entre a mocidade

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

Modalidades: Presencial

 

 

Estás pensando en emprender, pero non sabes por onde empezar? Gustaríache saber máis sobre os recursos e as ferramentas que ofrece a Xunta de Galicia para apoiarte? Achégate ao noso stand! 

 

O programa “Día da Xuventude” organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que pasará por un total de 30 concellos, chega o próximo xoves 4 de xullo de 16:00 a 20:00 h a ao Parque Ansuíña de Baños de Molgas

 

Este programa ofrece un amplo abanico de actividades totalmente gratuítas. Ademais do noso stand, tamén haberá obradoiros sobre violencia de xénero, graffiti ou medio ambiente, gastronomía saudable, xogos deportivos... Un sen fin de eventos para ti! 

 

Se nos visitas ás 16.00 h poderás completar individual ou grupalmente e da maneira mais rápida posible, un puzzle onde estarán situadas as oficinas da rede. Ás 19:30 h será a entrega do premio: a persoa gañadora obterá un vale dun taller para aprender a manexar unha impresora 3D no polo de Baños de Molgas. 

 

Achégate a coñecernos un pouco máis! 


Presencial

Voltar