Dende 07 de marzo, 2024 - Ata 07 de marzo, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada presenta unha primeira versión da iniciativa deseñada ao longo de diferentes sesións e formacións para instalar “A Despensa de Ancares Terras de Burón”
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
Desde o mes de maio de 2023 o Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada leva impulsando xunto co GDR 3 Montes e Vales Orientais, a iniciativa “A Despensa Terras de Burón”.
Durante catro xornadas de traballo, xunto cos produtores e establecementos, púxose en marcha esta iniciativa nos negocios adheridos ao Clube “Cociña de Ancares Terras de Burón”. Posteriormente realizáronse formacións para as persoas emprendedoras en temas como a creación da historia de cada marca ou a presentación dos seus produtos e servizos, ademais de traballar xuntos no deseño do piloto de “A Despensa”.
Nesta ocasión o evento consistirá na presentación deste piloto, unha primeira versión que servirá para instalar “A Despensa de Ancares Terras de Burón” nos aloxamentos adheridos nesta campaña turística que comeza coa Semana Santa.
O programa da xornada será o seguinte:
Formación “Deseña ás túas promocións”: traballarase o deseño de estratexias de promoción e comunicación en redes sociais.
Definición do sistema de funcionamento do piloto: indicaranse as condicións que deben cumprir as persoas participantes nesta iniciativa.
Definición dos compromisos de seguimento polos establecementos turísticos participantes: a información que deberán facilitar, as métricas a empregar, etc.
Presentación dos soportes visuais do piloto: os elementos que os aloxamentos terán no espazo dedicado á mesma, o material gráfico que se ofrecerá aos visitantes, e a páxina web con información relativa a esta iniciativa e ás historias destas persoas participantes.
O encontro terá lugar o 7 de marzo, na Casa do Concello de Baleira (Avenida Doutor Escobar, Baleira, Lugo).
Agardámoste!
ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais