Premios Emprendemento rural innovador 2024

Dende 25 de novembro, 2024 - Ata 25 de novembro, 2024

A Fundación Roberto Rivas, entidade socia da Rede Eusumo, organiza os premios "Emprendemento rural innovador", durante o Foro de Emprendemento Rural 2024

Categorías: Outra

 

 

Os Premios ao Emprendemento Rural Innovador 2024, impulsados pola Fundación Roberto Rivas, recoñecen proxectos que fortalecen o tecido rural en España a través da innovación e a creación de oportunidades económicas. Con 10.000 euros para o gañador principal, premios en metálico para todos os finalistas e visibilidade no Foro de Emprendemento Rural, este premio é unha plataforma para iniciativas que transforman e revitalizan as zonas rurais do país.

 

Dirixido a: emprendementos con menos de cinco anos que operen en municipios de menos de 20.000 habitantes, valorarase especialmente aqueles que promoven o asentamento da poboación rural, con impacto positivo en emprego e sustentabilidade, e que favorecen a participación de mozas e mulleres. 

 

Prazo de inscrición: antes do 25 de novembro ás 14 h

 

Máis información: visita a web foroemprendimientorural ou contacto a través do correo info@foroemprendimientorural.eu

 

Información sobre o evento Foro Emprendimiento Rural


Outra

Voltar