Ortegal, un territorio de posibilidades por descubrir

Dende 03 de abril, 2025 - Ata 03 de abril, 2025

Xornada de encontro e diálogo entre emprendedores, representantes locais e profesionais de distintos sectores que pretende dar visibilidade aos recursos naturais, culturais e económicos da zona do Ortegal, para converterse en motores de crecemento sostible no territorio.

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

📅  3 de abril | 10:00 - 13:00 h

📍 Centro de Participación Social San Roque (Plaza de Isabel II, Ortigueira)

 

Esta actividade, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol, busca ser un espazo de diálogo e encontro entre emprendedores, representantes locais e profesionais de distintos sectores. Nesta xornada exploranse os recursos naturais, culturais e económicos da zona do Ortegal, descubrindo como poden converterse en motores de crecemento sostible para o territorio.

 

Representantes de sectores crave como a agricultura, a pesca, o turismo e o medio ambiente e porán en valor o potencial das súas áreas, compartindo exemplos de innovación e éxito.

 

A xornada brindará tamén un espazo para inspirar e orientar a emprendedores locais, promovendo o intercambio de ideas e creando unha rede de colaboración para impulsar novos proxectos. 

 

Con esta xornada búscase:

  • Destacar o valor dos recursos do Ortegal e como aproveitalos de maneira sostible.
  • Fomentar o emprendemento local mediante o intercambio de experiencias e coñecementos.
  • Crear un espazo de networking que fortaleza a colaboración entre axentes locais.  

 

Programa:

10:00 - 10:05 h Recepción e rexistro de participantes

10:05 - 10:10 h Benvida e apertura da xornada: palabras de benvida a cargo do alcalde de Ortigueira José Valentín Calvín Fondevila

10:10 - 10:15 h Presentación dos obxectivos e propósito do evento

10:15 - 11:15 h Mesa redonda: “explorando o potencial do Ortegal”, na que participarán representantes de sectores clave no territorio (agricultura, pesca, turismo, medio ambiente e asociacións de empresarios locais).

11:15 - 11:45 h Pausa para café e networking

11:45 - 12:45 h Ponencias inspiradoras “emprendemento sostible en áreas rurais”, que compartirán as súas historias de éxito, leccións aprendidas e consellos para emprender en áreas rurais.

  • Sergio Muiño da empresa Eu Fun de Vivo
  • Azanzazu Regadera da Mercería Enredos (Bono Remuda)

12:45- 13:00 Peche e conclusións da xornada 

 

Inscríbete agora e poderás aprender directamente de outros emprendedores e compartir vivencias con persoas usuarias do Polo de Emprendemento Ferrol, asociacións de empresarios e axentes socioeconómicos do territorio.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Ortigueira

Voltar