Dende 13 de febreiro, 2025 - Ata 13 de febreiro, 2025
O Polo Friol busca avanzar na realización do proxecto piloto colaborativo entre empresas agroalimentarias da zona
Categorías: Conectando o polo co sector...
Queres avanzar nun plan de acción concreto para impulsar un proxecto de colaboración con outras empresas do sector agroalimentario da zona de Friol?
📅 Xoves, 13 de febreiro | 11:00 – 13:00 h.
📍 Sede do Polo Friol (Rúa Deputación, nº18, 1º planta, Friol)
O Polo Friol é consciente de que o sector agroalimentario é un dos piares económicos da zona, por eso impulsalo e potencialo son algunhas das prioridades do Polo.
Este evento, organizado polo Polo Friol en colaboración con GDR4 Comarca de Lugo, Traloagro, Muuhlloa e Bisqato, busca continuar os proxectos de colaboración entre empresas da zona plantexados en anteriores actividades.
Esta actividade capacitarate para...
Avanzar no proxecto piloto previamente iniciado
Crear unha folla de ruta e un plan de acción específico que guíe o desenvolvemento do proxecto
Establecer unha calendarización clara de cada etapa
O programa será o seguinte:
11:00 – 11:15 h. Presentación evento e presentación de participantes
11:15 – 12:30 h. Sesións de traballo de cooperación entre empresas
12:30 – 13:00 h. Posta en común proxectos pilotos
13:00 h. Tecendo redes.
Se xa estiveches en eventos anteriores, ou pertences ao sector e queres crear comunidade, non podes perder esta actividade. Únete!