Potenciando o Sector Agroalimentario. Plan de acción

Dende 30 de xaneiro, 2025 - Ata 30 de xaneiro, 2025

O Polo Friol busca continuar o impulso ao sector agroalimentario que se leva facendo desde hai varias sesións nun novo evento no que se avanzará nos proxectos de cooperación plantexados anteriormente

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

O Polo Friol é consciente de que o sector agroalimentario é un dos piares económicos da zona, por eso impulsalo e potencialo son algunhas das prioridades do Polo.

 

Este evento, organizado polo Polo Friol en colaboración con GDR4 Comarca de Lugo, Traloagro, Muuhlloa e Bisqato, busca continuar os proxectos de colaboración entre empresas da zona plantexados en anteriores actividades. O obxectivo principal é crear unha folla de ruta e un plan de acción específico que guíe o desenvolvemento do proxecto, establecendo unha calendarización clara, os resultados desexados e as responsabilidades para cada etapa.

 

O programa será o seguinte: 

 

 9.30 - 9.45 h. Presentación do evento

 9:45 - 9:50 h. Presentación de persoas participantes

 9:50 - 12:10 h. Sesións de traballo de cooperación entre empresas

12:10 - 12: 45 h. Posta en común

12:45 - 13:30 h. Networking

13:30 h. Peche do evento.

 

O evento terá lugar o xoves, 30 de xaneiro, na sede do Polo Friol (Rúa Deputación nº 18, 1ª planta, Friol).

 

Se xa estiveches en eventos anteriores, ou pertences ao sector e che interesa crear comunidade, non podes perder esta actividade. Únete!


Conectando o polo co sector...

Voltar