Potenciando o Sector Agroalimentario

Dende 02 de outubro, 2024 - Ata 02 de outubro, 2024

O Polo Friol en colaboración con GDR4 Comarca de Lugo, Traloagro, Muuhlloa e Bisqato organizan unha sesión para crear comunidade entre as empresas gandeiras da zona

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol une forzas con GDR4 Comarca de Lugo, Traloagro, Muuhlloa e Bisqato para traer á contorna unha sesión para explicar as vantaxes da cooperación e crear comunidade e contacto entre as empresas gandeiras participantes. 

 

Esta actividade desenvolverase de forma participativa, con grupos de empresas pre definidos traballando xuntos para poñer en marcha proxectos pilotos de cooperación, unha posta en común dos proxectos e unha sesión de networking. 

 

O programa será o seguinte: 

 

16.00 Presentación evento

16:15 Presentación participantes.

16:45 Sesións de traballo de cooperación entre empresas

18:15 Posta en común proxectos piloto

19:15 Networking

20:00 Peche do evento.

 

O evento terá lugar o mércores 2 de outubro na sede de Muuhlloa (Lugar de Cumbraos nº1, Monterroso, Lugo) .

 

Esta é a oportunidade perfecta para continuar a facer comunidade na túa zona e potenciar o teu negocio gandeiro. Únete! 


Presencial

Voltar