Potenciando o sector agroalimentario

Dende 25 de xuño, 2024 - Ata 25 de xuño, 2024

O Polo de Friol, GDR-4 Comarca de Lugo e Traloagro organizan unha sesión participativa na que empresas referentes no sector compartirán a súa experiencia e as persoas asistentes poderán presentar as súas ideas de negocio

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

Se tes un proxecto no sector agroalimentario e che gustaría ampliar a túa rede de contactos en busca de futuras colaboracións e crear comunidade, o Polo de Friol organiza un encontro coa colaboración de GDR-4 Comarca de Lugo e Traloagro. Ademais de servir como inicio de conversa entre interesados, poderás escoitar máis de preto casos de éxito de proxectos referentes do sector e saber máis sobre as vantaxes da cooperación. 

 

O programa será o seguinte: 

10:00–10:15 h. Presentación do evento. 

10:15-11:00 h. Actividade de presentación de empresas referentes.  

11:00-11:30 h. Presentación dos participantes. 

11:30-11:45 h. Análise da situación de partida, obxectivos, necesidades e oportunidades. 

11:45-13:00 h. Actividade para descubrir e traballar as posibles cooperacións. 

13:00 h. Networking. 

 

A sesión terá lugar o martes 25 de xuño na sede de Traloagro, no Polígono Industrial de Friol, Parcela 55 (Friol).  

 

Ven descubrir o poder da cooperación e os beneficios que lle pode achegar á túa empresa!  

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR4-Comarca de Lugo, Traloagro.

Voltar