Potenciando o emprendemento aproveitando os recursos locais: Emprender innovando na Faba de Lourenzá

Dende 27 de setembro, 2023 - Ata 27 de setembro, 2023

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Mariña organiza un encontro para impulsar a creación de emprendementos mediante a optimización dos recursos dispoñibles na contorna, coa participación de expertos nos campos do cooperativismo e a innovación no sector agroalimentario

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

A Mariña Oriental ten como unha das súas principais producións agrarias a “Faba de Lourenzá”, que conta co recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Trátase dun sector de pequenas explotacións familiares, principalmente  sen estrutura empresarial no que a explotación económica do recurso diríxese case exclusivamente na venda do produto en fresco ou en seco, sen aproveitamentos adicionais dos seus derivados.

Con este evento búscase detectar os puntos de mellora, incrementando a profesionalización do sector e a necesidade de servizos adicionais. Tamén coñecer modelos de éxito que inspiren a innovación e a creatividade de novas propostas, fomentar o desenvolvemento dos conceptos de cooperativismo e metodoloxías para identificar a IXP e oportunidades na cadea de valor, e a xeración de novas alternativas e melloras nos procesos de distribución, márketing e imaxe do produto, tanto cara ao mercado como dentro dos propios produtores, actuais e futuros.

Programa

  • 10:00h Recepción e benvida
  • 10:15h José Cuadrado Oural – Presidente IXP Faba de Lourenzá: Presentación estado actual do sector da Faba na Mariña: necesidade dun incremento de profesionalización e de aproveitamento da IXP
  • 10:45h Víctor Lama – CEO de APICE, emprendedor rural e experto en sustentabilidade. Responsable financeiro da multinacional Disashop: Fomento do cooperativismo, potenciación da produción e profesionalización do sector
  • 11:30h Hugo Criado – CEO en Medrar Solutions: Emprender innovando con proxectos de éxito desde o sector agroalimentario
  • 12:15h Dinámica de xeración de ideas: Búscase identificar ideas/oportunidades arredor das necesidades expostas. Divídese en tres partes:
    • Creación de equipos para traballar na detección de oportunidades e problemáticas expostas
    • Propoñer alternativas de negocio desde o emprendemento relacionadas co detectado no primeiro punto, cun breve desenvolvemento da idea
    • Exposición das propostas

           O equipo coa idea máis destacable recibirá un agasallo relacionado ca Festa da Faba.

  • 13:15h Conclusións e peche da xornada
  • 13:30h “After work” no claustro do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá

Lugar: Centro de Interpretación da Faba Lourenzá (praza César Chavarria Pacio. Travesía da Mariña, 4, Lourenzá, Lugo)

Data e horario: mércores, 27 de setembro de 10:00 a 13:30h

 


Presencial

Voltar